O Celta reacciona no Bernabéu pero acaba perdendo (3-2)
O equipo vigués chegou a ir perdendo 3-0, pero acabou metendo o medo no corpo aos madridistas
Descontaron Javi Rodríguez e Swedberg, pero o empate non chegou
Minuto a minuto
Ás 14:00h comeza o partido do Bernabéu: Real Madrid-Celta
Este é o XI inicial que presenta Claudio Giráldez por parte do equipo vigués
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#RealMadridCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/DvuIfz4JpX
— RC Celta (@RCCelta) May 4, 2025
E este é o XI inicial de Carlo Ancelotti no Real Madrid
📋✅ ¡Nuestro XI inicial!
— Real Madrid C.F. (@realmadrid) May 4, 2025
🆚 @RCCelta
👉 @UnicajaBanco pic.twitter.com/HzBPmQR1Cd
Comeza o partido no Bernabéu. Real Madrid o-o Celta
Arda Guler remata desviado de xeito acrobático
Marcos Alonso remata á saída dun córner, e o balón marcha por riba do traveseiro
Pase en profundidade de Mingueza, e Borja Iglesias non é quen de controlalo na área
Paradón de Courtois logo doutra cabezada de Marcos Alonso á saída dun córner
Agora é Guaita o que ten que empregarse a fondo logo dun rexeitamento na súa área
Remata Fran García, alto
Gol do Real Madrid. Marca Arda Guler cun remate pola escadra á saída dun córner

Remate de Borja Iglesias desde a área, e paradón de Courtois
GOL do Real Madrid. Xusto despois da parada, sae o Real Madrid á contra e Mbappé marca cun potente remate. Real Madrid 2-0 Celta
Descanso no Bernabéu. Real Madrid 2-0 Celta
Comeza a segunda metade no Bernabeu! O Celta tentará aproveitar algunha das oportunidades para meterse no partido
3-0 Repite Mbappé. Recibe un pase en profundidade de Guler e marca cun tiro cruzado

Tiro de Bellinhgam rozando a escadra. O Celta está tocado despois do terceiro gol do Real Madrid
Cruza Guler e salva Guaita. Necesita reactivarse o equipo de Giráldez. E no córner remate de Bellingham fóra por pouco
Boa combinación do Celta, que remata cun disparo de Mingueza, rexeitado a córner
GOOOOOOOOOL do Celta!!!!!! Recorta diferenzas Javi Rodríguez á saída do córner. Real Madrid 3-1 Celta
Remate de Vinicius ao lateral da rede
GOOOOOOOOOOOOL do CELTAAAA!!!! Métese de cheo no partido o equipo vigués cun gol de Swedberg, maxistralmente asistido por Iago Aspas. Real Madrid 3-2 Celta
A piques de empatar o Celta!!!Outro agasallo de Iago Aspas, desta volta cun pase a Pablo Durán, que non consegue batir a Courtois. O balón rexeitado polo porteiro quedou morto a un palmo da portería
Bellingham remata arriba un ataque con varios compañeiros agardando o pase
Remata Iago Aspas desde a frontal, e para Courtois
Chégalle o balón a Brahím no punto de penalti, remata axiña e detén Guaita
Pégalle trabado ao remate Hugo Álvarez desde a frontal, desviado
Mbappé culmina unha contra cun remate que marcha lixeiramente alto
Final do partido no Bernabéu. Puido remontar o Celta logo de ir perdendo 3-0, pero acaba caendo pola mínima