O Deportivo volve á Primeira oito anos despois cun dobrete de Nsongo en Valladolid
O equipo coruñés cumpriu coa súa parte, asegurando a volta á máxima categoría a falta dunha xornada para o remate da Liga
Os futbolistas festexaron o ascenso cos afeccionados en Zorrilla, dando inicio a unha celebración que se ha prolongar moito tempo
Minuto a minuto
Valladolid está ateigada de seareiros do Deportivo. Haberá un gran ambiente en Zorrilla e nos exteriores para seguir a primeira posibilidade de ascenso que ten o cadro coruñés.
Os afeccionados fixéronlle un corredor á chegada do autobús do Deportivo ao José Zorrilla
Xa temos os equipos titulares. Moi ofensivo o do Deportivo con Alti, Soriano, Luismi, Yeremay e Nsongo ocupando o ataque
🚨 Xa temos os XI para o partido do José Zorrilla
— En Xogo (@EnXogoG) May 24, 2026
⚔️ @realvalladolid - @RCDeportivo
Lembrade que o podedes seguilo en https://t.co/Xw5xoRTUH1
O minuto a minuto e o primeiro resumo en https://t.co/dUu8XyNrvH pic.twitter.com/yNKhwRhNhf
Saen os dous equipos ao campo no medio dunha gran treboada
Comeza o partido no José Zorrilla!!!!!
Centro chut de Alti que atrapa Aceves na mesma liña de gol
0-1 GOOOOOOOL DE NSONGO. Saque de falta que cabecea o camerunés á rede
O partido baixou moito o ritmo. Chegada de Luismi Cruz con perigo pero salva a defensa do Valladolid
Primeiro aviso do Valladolid!!! Tiro de Latasa que salva Ferllo
Iván Alejo proba desde lonxe, sae preto do pau de Ferllo. E á media hora, pausa de hidratación!!
Ximo proba desde fóra da área e salva o porteiro local. Boa ocasión do Deportivo para marcar o segundo
0-2 GOOOOOOL DE NSONGO. O camerunés está a ser o heroe do Deportivo. Pase maxistral de Luismi
Contra perigosa do Valladolid con pase de Amath cara Latasa que perdoa o gol
Outra de Latasa!!! Remate de cabeza que se vai fóra por moi pouco
O presidente do Deportivo Juan Carlos Escotet déixase ver na bancada a carón dos afeccionados festexando o resultado ao descanso que mete o cadro coruñés na Primeira División
Comeza a segunda metade en Zorrilla co triunfo do Deportivo (0-2)
Ocasión clarísima do Valladolid. O centro pasado tócao atrás Latasa, e o remate sácao como pode Villares a córner
Outro remate de Latasa que marcha desviado, desta volta unha cabezada a cenro desde a esquerda
Queda con dez o Valladolid. Expulsado Sanseviero
FINAAAAAAAAL do partido en Zorrilla!!!!!! O Deportivo volve á primeira División oito anos despois!!!