Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un gol de Mingueza no engadido rescata o primeiro punto da temporada para o Celta

Un gol de Mingueza no engadido rescata o primeiro punto da temporada para o Celta

O equipo vigués foi por detrás no marcador durante moitos minutos tras o gol de Barrenetxea

O Celta dominou no treito final e acadou o empate

G24.gal 19/08/2023 16:03

Os dous técnicos coincidiron na lectura tras o partido. Rafa Benítez valorou o punto acadado, e considerouno xusto logo dunha parte para cada equipo. Tamén cre que o empate "é un bo punto de partida" do proxecto.

Imanol admitiu que o Celta puido empatar moito antes, porque foi superior na segunda metade, e felicitou o equipo vigués.

Os futbolistas vigueses valoraron a reacción do seu técnico logo dunha primeira parte en que a Real dominou. Mingueza, Sotelo e Manu Sánchez amosáronse satisfeitos co resultado obtido en Anoeta.

Minuto a minuto

Novidades importantes na aliñación do Celta para o partido diante da Real Sociedade. Debuta Starfelt no lugar de Aidoo. Manu Sánchez entra no lateral esquerdo por Cervi e Luca será o substituto do mancado Carles Pérez. 

E esta é a aliñación da Real Sociedade de Imanol, co galego Brais Méndez entre os titulares.

1'

Comezou o partido en Anoeta! Real Sociedade 0-0 RC Celta

2'

Primeira intervención de Iván Villar. Saca a córner unha cabezada desde dentro da área

 

3'

Larsen remata unha contra moi cruzado, pero o árbitro asubía fóra de xogo no pase

6'

Traoré saca a córner cando Bamba marchaba so cara a portería

10'

Hugo Sotelo remata ao pao logo dunha boa contra do Celta

 

17'

Remate de Mingueza desde fóra da área, para Remiro

22'

GOL en Anoeta. Real Sociedade 1-0 Celta. Barrenetxea aproveita un gran centro de Kubo desde a dereita e abre o marcador

45+4

Remate de Brais Méndez que se estrela no pau

45+5'

Descanso en Anoeta. Real Sociedade 1-0 Celta

46'

Comeza a segunda metade cun troco no Celta. Entrou Aidoo e marchou Hugo Sotelo

48'

Remate de Bamba que rexeita Remiro

62'

Centro desde a esquerda de Manu Sánchez, e cabecea Iago Aspas moi preto do pau

69'

Lanza Aspas unha falta perigosa e o rexeitamento de Remiro peta en Larsen, pero non entra na portería

 

74'

Remate de Aidoo desde a frontal que marcha desviado

84'

Triplo cambio de Rafa Benítez á busca da reacción: Dotor, Miguel Rodríguez e Cervi substitúen a Manu Sánchez, Larsen e De la Torre

85'

Gran xogada de Aspas, e o seu centro desde a dereita está a piques de metelo Sola na súa propia portería

90+2'

Remate de Mingueza desde a dereita e rexeita Remiro

90+3'

GOOOOOOOOOOOL do Celta!!!!!! Empata Mingueza recollendo un envío de Aidoo desde dentro da área á saída dun córner

90+7'

Esgota Benítez os cambios coa entrada de Swedberg por Iago Aspas. Gabri Veiga non vai xogar ningún minuto

90+8'

Final do partido en Anoeta!!O Celta rescata o empate diante da Real Sociedade cun gol de Mingueza no tempo engadido

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar