Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un betanceiro provoca a derrota do Celta en Mallorca (1-0)

Un betanceiro provoca a derrota do Celta en Mallorca (1-0)

Dani Rodríguez marcou o único tanto do partido no minuto 59

Nun partido de poucas ocasións Aspas e Larsen fallaron dúas claras con empate a cero

G24.gal 20/01/2023 19:44 Última actualización 20/01/2023 22:53

Minuto a minuto

Xa temos equipo do Celta. Cervi titular na banda esquerda no lugar de Galán. Luca de la Torre sae de inicio con Gabri e Beltrán na medular. Aspas e Larsen, dinamita na dianteira!!!

Equipos no terreo de xogo. Vai comezar o partido!!! O Mallorca é un dos equipos que menos goles encaixa na Primeira pero tamén lle custa moito marcar. Un triunfo catapultaría ao Celta á zona media

8

Centro chut de Larsen que se pasea pola área pequena sen rematador. O primeiro achegamento do Celta

15

Dani Rodríguez cabecea frouxo ás mans de Marchesín

25

Gabri Veiga proba desde a frontal e atrapa Rajkovic

34

Boa contra do Celta incorporando cinco futbolístas pero faltou o remate sobre a porta do Mallorca

38

A mellor para Aspas!!!!! Encara e remata desde a frontal Aspas pero mandouna moi preto do pau

45

Descanso en Son Moix. Aspas tivo a gran ocasión no 38'. O Celta foi superior nos últimos vinte minutos

46

Comeza a segunda parte. Dobre troco no Mallorca

48

Clarísima de Strand Larsen!!!! Xogada rápida do Celta que culmina o noruegués cun tiro rozando o pau

50

Gabri e para Rajkovic en dous tempos ... e reposta o Mallorca coa ocasión clara de Muriqi. Anímase o partido!!!!

59

Gol do Mallorca, marca o betanceiro Dani Rodríguez cun remate axustado

 

61

Gol anulado a Cervi por falta anterior de Strand Larsen ... Carvalhal prepara a Paciencia, Carles e Óscar

67

Triplo troco no Celta ... e Carles na primeira xogada na que participa reclama penalti

75

Como lle pegou Óscar Rodríguez!!!! Rexeita Rajkovic

82

Centra Javi Galán e a defensa sácalle da cabeza o remate a Paciencia

88

Constantes leas entre os xogadores. Isto non favorece en nada ao Celta

95

Rematou o partido en Son Moix. O Celta tivo dúas grandes ocasións con empate pero acabou sen capacidade de reacción despois do gol do betanceiro Dani Rodríguez

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar