Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo queda eliminado dun xeito agónico na quenda de penaltis

O Coruxo queda eliminado dun xeito agónico na quenda de penaltis

G24.gal 13/11/2022 16:53 Última actualización 13/11/2022 19:46

O partido entre o Coruxo e o Eldense foi agónico. Adiantouse o equipo galego no primeiro minuto cun gol de Chiqui. Parecía a clasificación na man para os galegos, pero no último minuto do engadido Cris Montes marcou e levou o partido á prórroga (1-1).

No tempo suplementario, Clemente marcou para o Eldense. Xa estabamos no segundo tempo da prórroga, pero o Coruxo mantivo a esperanza e forzou un penalti no 120. Toni Dovale acertou e levou o partido á quenda de penaltis. 

Desde o punto fatídico fallaron Andriu e Antón. O Eldense acertou con todos os lanzamentos e estará na segunda eliminatoria. 

Minuto a minuto

O Coruxo xoga como local diante do Eldense, un equipo de superior categoría pero ao que intentará superar no seu campo do Vao

2

Gooooool de Chiqui. Adiántase o Coruxo

14

Puido empatar o Eldense. Paradón de Alberto Domínguez

23

Toma e daca. Luismi tentouno para o Coruxo e respostou o Eldense. Non hai tregua no partido

45

Tempo de lecer no Vao

50

Gol anulado ao Coruxo por presunto fóra de xogo

76

Gandoy chega con perigo á frontal e obriga o porteiro do Eldense a facer unha gran parada

90

Empata Cris Montes na última xogada do partido (1-1). O partido vai á prórroga

105

Remata a primeira parte da prórroga. Continúa o empate (1-1)

112

Marca Clemente o segundo do Eldense (1-2)

119

GOOOOL de penalti de Toni Dovale. Penalti cometido sobre David Añón (2-2)

Na quenda de penaltis fallaron Andriu e Antón de Vicente. O Eldense acertou con todos os lanzamentos e estará na segunda rolda

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade