Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta deixa marchar con vida o Vilarreal (1-1)

O Celta deixa marchar con vida o Vilarreal (1-1)

Os de Carvalhal fixeron 21 lanzamentos a porta e tiraron 13 córners nun acoso que só tivo o premio do empate

Primeiro gol de Strand Larsen coa camisola celeste

G24.gal 13/01/2023 19:49 Última actualización 13/01/2023 23:06

Minuto a minuto

Tremendo o recibimento ao Celta. Nótase a importancia do partido diante do Vilarreal

E xa temos o XI do Celta. Óscar por Paciencia, a única novidade

Aquí temos o equipo do Vilarreal, un equipo que encadea cinco vitorias seguidas

1

Comeza o partido en Balaídos!!!

9

Gol anulado ao Vilarreal por posición de fóra de xogo de Pau Torres

13

Gran oportunidade de Gabri Veiga pero Pepe Reina resposta cunha gran parada

16

0-1 ... Vaia golazo de Gerard Moreno que acerta nun disparo desde a frontal da área

 

18

Outra máis para Gabri Veiga!!! Fermosa xogada do Celta pero a defensa intercepta o disparo do porriñés

22

A terceira que falla o Celta!!!! O tiro de Aspas sae rozando o pau

36

Probouno Hugo Mallo cun tiro frouxo. Había tempo que non xeraba perigo o Celta

39

Acosa o Celta metendo moitos balóns na área pero non dá chegado o gol do empate. Meréceo o equipo vigués

45

Remata a primeira metade. Moreno acertou no primeiro disparo do Vilarreal a porta. O Celta xerou tres ou catro ocasións moi claras pero non tivo tino diante de Reina

46

Comeza a segunda parte. Luca de la Torre ao campo no lugar de Cervi

55

Agora é Carles Pérez o que entra no lugar de Mingueza

61

Tiro de Morales que toca o traveseiro. Serio aviso dos amarelos!!! E Strand Larsen ao campo por Óscar

68

GOOOOOOL de Strand Larsen!!!! Recibe en posición correcta e sorprende a Pepe Reina!!!

 

75

Que xogadón do Celta!!! Define Luca de la Torre rozando o pau. Estivo aí o segundo

82

Centra Galán e salva Pau Torres o tanto de Larsen. Merece o Celta o segundo

83

Outra máis, desta volta para Unai Núñez de cabeza rozando o pau!!!

86

Carles Pérez proba desde a frontal e rexeita Reina

88

Remata Tapia e paradón de Reina!!! Que último cuarto de hora do Celta!!

94

Hugo Mallo remata nun córner e para Reina. 20 tiros do Celta durante o partido!!!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos