Luismi e Zakaria comandan a manciña do Deportivo na casa do Mirandés (1-5)
Luismi abriu a conta con dous goles na primeira metade
Zakaria entrou no 71 e en so 17 minutos anotou 3 goles
O Deportivo, que segue sen perder, afiánzase na parte alta
Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza o partido en Mendizorroza. Mirandés-Deportivo. O cadro de Miranda de Ebro segue sen poder actuar como local en Anduva, en obras, xoga no campo do Alavés. Este é o XI titular que presenta para o partido o galego Fran Justo
𝗔𝗟𝗜𝗡𝗘𝗔𝗖𝗜𝗢́𝗡 | #MirandésDépor
— Club Deportivo Mirandés (@CDMirandes) September 13, 2025
🆚 @RCDeportivo
🐗 ¡Nuestros jabatos! pic.twitter.com/xgtiHkgSSg
E este é o XI titular do equipo coruñés
𝑶 𝒏𝒐𝒔𝒐 𝒐𝒏𝒄𝒆#MirandésDépor #LaLigaHypermotion pic.twitter.com/2J3hiI63It
— RC Deportivo (@RCDeportivo) September 13, 2025
Xa está en xogo o partido de Mendizorroza, co empate a cero inicial
GOOOOOOOOOOL do Deportivo!!!!!Gran asistencia de Soriano, e Luismi define á perfección no man a man. Adiántase o equipo coruñés plasmando o seu dominio no xogo
Mulattieri recolle un balón na frontal, remata a portería, pero a xogada acaba en córner despois de bater nun defensor
Outra vez Mulattieri, que remata o córner e a pelota volve acabar no curruncho
Volve crear perigo o Deportivo a balón parado. Este córner remátao desviado Soriano
Intenta reaccionar o Mirandés, que fai un bo ataque, pero resolve Germán Parreño cun paradón abaixo no man a man
Outro intento de Bauzá, que atrapa sen problemas Parreño
Contra perigosa do Deportivo. Lanza Luismi a Mella, que remata desde o vértice da área. Detén abaixo con seguridade Nikic
GOOOOOOOOOOOL do Deportivo. Xogada de mérito de Mulattieri, que presiona na frontal ata que rouba o balón, asiste a Luismi e este asina o dobrete. Mirandés 0-2 Deportivo
Remata Miguel Loureiro entrando desde atrás, e despexa Nikic moi ben abaixo
Remate moi cruzado de Mella
Toca Postigo un centro diante da chegada de Mulattieri, e o seu despexe acaba en córner logo de saír moi preto do pau
Descanso en Mendizorroza!! Mirandés 0-2 Deportivo logo dunha gran primeira parte decantada con dous goles de Luismi
Xa está en xogo a segunda metade en Mendizorroza, co triunfo do Deportivo por 0-2 diante do Mirandés
Falta que saca Carlos Fernández, e atrapa Germán Parreño moi ben colocado
Longa xogada do Mirandés que culmina Postigo cunha cabezada no segundo pau. Detén Parreño
Remata Bauzá, e volve parar Germán Parreño
Agora é Villares o que remata desde lonxe, e topa con Nikic
GOL do Mirandés. Bauzá remata desde a frontal e bate a Parreño por abaixo para recurtar diferenzas no marcador. Mirandés 1-2 Deportivo
Ocasión clara de Zakaria, que remata lambendo o pau desde a frontal
GOOOOOOOOOOOL do Deportivo!!!! Agora si, na seguinte acción, Zakaria marca desde a frontal cun zapatazo moi ben colocado. O Deportivo restablece os dous goles de vantaxe
GOOOOOOOL do Deportivo!! E chega tamén o dobrete de Zakaria, que entrara pouco antes no campo. Unha contra cun 3 para 1 na que asiste Soriano e marca o dianteiro cun remate raso. Goleada do deportivo no campo do Mirandés
Inténtao Pablo López cun lanzamento lonxano que marcha directamente fóra
Charlie Patiño tamén o intenta cun remate dende preto, pero detén Nikic
GOOOOOOOOOL do Deportivo. Co,pleta o hat trick Zakaria en tempo récord. Manciña do equipo coruñés
Final do partido!!!!!Golpe de autoridade do Deportivo, cunha manciña comandada por Luismi con dous goles, e Zakaria, que so precisou 17 minutos para marcar un hat trick