Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta encadea o segundo triunfo consecutivo no campo do Levante (1-2)

O Celta encadea o segundo triunfo consecutivo no campo do Levante (1-2)

O Levante quedou axiña con 10 por expulsión de Unai Vencedor

Mingueza adiantou aos celestes, pero empatou Arriaga

No tempo engadido, Miguel Román estreouse como goleador para asegurar os tres puntos

G24.gal 02/11/2025 12:51

Minuto a minuto

Ás 14:00h comeza o Levante-Celta no Cidade de Valencia. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para o partido. Despois da vitoria na Copa, o técnico renova por completo o equipo que xogou o xoves en Asturias

E este é o XI inicial que vai presentar o Levante

1'

Comeza o partido no Cidade de Valencia. Levante 0-0 Celta

5'

Primeira ocasión do Celta! Ilaix combina con Jutglá, pero finalmente remata alto

12'

Outra aproximación do Celta. O centro desde a esquerda de Carreira envelénase e ten que sacalo Ryan coa man

27'

Queda con 10 o Levante!!! Unha falta de Unai Vencedor sobre Ilaix, castigada inicialmente con cartón amarelo, é corrixida tras consulta co VAR. O xogador ve o cartón vermello directo

32'

Chilena espectacular de Etta Eyong que para abaixo Radu. O porteiro queda tendido no céspede e ten que ser atendido

36'

Penalti a prol do Levante á saída do córner. O árbitro indica mans de Javi Rodríguez no salto

38'

Errou o lanzamento Etta Eyong!!! O seu disparo enganou a Radu, pero estrelouse no pau

39'

Dobre ocasión clarísima do Celta. Primeiro remata Jutglá e despos Borja Iglesias. Ryan responde con dúas grandes paradas

40'

GOOOOOOOOOL do Ceeeeelta!!!!! Remata Mingueza desde a frontal á saída do córner e marca pola escadra!! Levante 0-1 Celta

45+6'

Marcos Alonso fai unha boa combinación entrando desde atrás e chega diante de Ryan, pero o porteiro tapa ben o remate

45+6'

Descanso no Cidade de Valencia. Marcha por diante o Celta grazas a un gran gol de Mingueza. O Levante, que errou un penalti, xogará a segunda metade con 10 xogadores pola expulsión de Vencedor

46'

Comeza a segunda metade no Cidade de Valencia. Levante 0-1 Celta

57'

Xogada de Bryan Zaragoza, que remata moi preto do pau longo de Ryan

62'

Centro de Bryan Zaragoza desde a esquerda que remata alto Borja Iglesias

64'

Remate de Etta Eyong ao primeiro pau, e gran parada de Radu

65'

Gol do Levante. Marca Arriaga cun duro remate á saída do córner. Levante 1-1 Celta

80'

Remata Miguel Román desde dentro da área, toca co calcaño Borja e a piques está de marcar o segundo a prol do Celta

84'

El Abdelaoui culmina unha acción colectiva cun disparo desviado

87'

Remata El Abdelaoui unha contra desde o punto de penalti, e crúzase Arriaga para impedir o gol

90+1'

GOOOOOOOOOOOL do Ceeeeeeltaaaa!!!!Miguel Román aparece no punto de penalti para marcar por baixo a pase de Mingueza. Volve adiantarse o Celta xa no tempo engadido!!!Levante 1-2 Celta

90+7'

FINAAAAAAL do partido no Cidade de Valencia!!!! Gañou o Celta, que encadea dous trunfos consecutivos grazas a un gol do canteirán Miguel Román no tempo engadido!!!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade