Fatídicos últimos minutos para o Lugo
Perdeu en Huesca logo da expulsión de Campabadal no 87 e o gol de Jaime Seoane no 89
A serie de partidos sen perder quedou en doce, a un da mellor marca histórica
Minuto a minuto
Xa temos equipo do Lugo para o partido en Huesca
|ALIÑACIÓN| 👥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) February 20, 2022
Con este 1⃣1⃣ inicia o @CDeportivoLugo o seu partido de hoxe fronte á @SDHuesca!#HuescaLugo #ForzaLugo pic.twitter.com/QyfLgGTqCO
Coooomeza o partido. O día no que pode igualar o rexistro de 13 xornadas consecutivas sen perder de Xulio Díaz e Quique Setién
Boa ocasión de Sebas Moyano. No córner, remate de Señé. Dobre ocasión do Lugo.
Tivo Ros o 0-1 nunha cabezada que saiu a rentes do pau ... Mellor o Lugo neste comezo de partido
Outra máis para o Lugo. Cuéllar en inmellorable posición remata cruzado!!!
A mellor para o Huesca nas botas do ex do Lugo Jaime Seoane. O único dos locais en ataque
Rematou a primeira metade. Mellor o Lugo que tivo dúas grandes ocasións (Ros e Cuéllar) para adiantarse
Ameaza o Huesca nunha xogada moi embarullada que acaba resolvendo Diego Alende
Aviso de Dani Escriche. O Huesca, moito máis ambicioso no segundo tempo
Paradooon de Whalley a remate de Poveda!!!!
Caseeee Carrillo. Remate espectacular pegadiño ao poste!!!
Ocasión de Escriche. Aguanta o Lugo as acometidas oscenses
Expulsado Eduard Campabadal por suposta agresión a David Timor
1-0 Gol de Jaime Seoane á saída dun córner. Últimos minutos fatídicos para o Lugo
Remata o partido en Huesca. A serie do Lugo sen perder quedou en 12 partidos. Os últimos minutos foron fatídicos para os de Rubén Albés