A reacción do Deportivo ten como premio un empate en Los Cármenes (1-1)
Lucas Pérez igualou o gol inicial do Granada, e o cadro coruñés mereceu mellor sorte no reinicio
Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza o partido dos Cármenes: Granada-Deportivo
Xa coñecemos o XI Inicial do equipo nazarí para o partido:
𝗫𝗜 𝗜𝗡𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 ❤️🤍#GranadaDépor pic.twitter.com/rbLGi7NCIU
— Granada CF ❤️⚪️ (@GranadaCF) September 7, 2024
E este é o XI inicial de Imanol Idiákez, sen novidades para o encontro:
𝑶 𝒏𝒐𝒔𝒐 𝒐𝒏𝒄𝒆.#GranadaDépor #LaLigaHypermotion pic.twitter.com/6NPwnfYHH0
— RC Deportivo (@RCDeportivo) September 7, 2024
Comeza o partido nos Cármenes
Primeiro remate de Miguel Rubio para o Granada, que non atopa portería
Boa combinación do Granada, remata Pablo, moi cruzado
O balón cáelle a Weissman, o seu remate á reviravolta marcha alto
GOL do Granada. Centro desde a esquerda que desvía Pablo Martínez contra a súa propia portería. Granada 1-0 Deportivo
Xogada persoal de Ricard, o seu remate estrélase na defensa
Gol anulado a José Ángel por fóra de xogo
Córner a prol do Deportivo, o balón paséase sen que ninguén chegue ao remate
Descanso nos Cármenes. Granada 1-0 Deportivo
Comeza a segunda metade!!
1-1 GOOOOOOOL DE LUCAS PÉREZ. Centro desde a dereita de Mella, toca Yeremay e marca Lucas!!!
Contra do Deportivo e o remate de Mella marcha desviado. Gran inicio da segunda metade do cadro coruñés
Remata Pablo Sáez pero sae á esquerda de Helton. Tenta reaccionar o Granada despois do gran comezo do Deportivo
Conecta Mella con Yeremay e o centro deste acaba nas mans do porteiro do Granada
Clarísima do Deportivo!!!! Yeremay, Mella e Soriano asócianse e o remate deste acaba sacándoo o porteiro local. O Deportivo merece o segundo
GOL ANULADO AO GRANADA. Contra do equipo local que culmina Lucas Boyé cun remate cruzado ... Despois da revisión do VAR o gol é anulado por fóra de xogo de Ricard
Primeiro salva Villares e logo parada de Helton ... O Granada está acabando mellor o partido e afoga o Dépor na súa área
Centra Corbeanu e rexeita como pode Helton. Segue o acoso granadino
Centro chut de Lucas que vai por riba do traveseiro. Agora a ocasión clara é do Deportivo. O partido pode caer para calquera dos dous lados.
Remata o partido en Los Cármenes. Gran segunda metade do cadro coruñés que puido acadar un mellor resultado