Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo cae con crueldade no treito final contra o Burgos (0-2)

O Deportivo cae con crueldade no treito final contra o Burgos (0-2)

Sancris abriu o marcador no 89' logo dunha segunda parte dominada polo Deportivo

Curro Sánchez anotou o 0-2 logo dun penalti no 97'

G24.gal 21/09/2024 18:15

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o Deportivo-Burgos. Xa coñecemos o XI de Idiákez.

 

E este é o XI que presenta o Burgos:

 

1'

Comeza o partido en Riazor. Deportivo 0-0 Burgos

7'

Domina o Deportivo nestes primeiros minutos, pero non é quen de crear ocasións de perigo para Ander Cantero

13'

Ocasión clara para o Burgos. O remate de Sancrís marcha fóra por moi pouco

27'

Gran disparo de Sancrís desde o bordo da área, e paradón de Helton a córner

30'

Gran xogada de Mella, que gaña a liña de fondo e forza o córner

36'

Outro bo achegamento do Burgos, con remate de Espiau que marcha por riba do traveseiro

40'

Internada de Mella pola dereita, e o seu remate marcha ao lateral da rede

45'

Descanso en Riazor. Deportivo 0-0 Burgos

46'

Comeza a segunda metade en Riazor. Deportivo 0-0 Burgos

48'

Helton con dúas boas intervemcións á saída dun córner do Burgos

48'

Na contra do Deportivo, Yeremay asiste a Bouldini despois dunha xogada persoal, e o remate marcha fóra

58'

Internada de Ximo que asiste a Bouldini, e o seu remate marcha fóra

62'

Gran ocasión para Lucas, que remata desde a media lúa, e o balón marcha moi preto da escadra

72'

O balón cáelle a Yeremay no segundo pau, e o seu remate acaba en córner

79'

Remata Curro un centro desde a dereita, o balón marcha alto

89'

GOL do Burgos. Erro de Petxarromán que aproveita Sancris para marcar de tiro cruzado. Deportivo 0-1 Burgos

95'

Penalti cometido por Barcia sobre Sancris co Deportivo á desesperada intentando roubar o balón

97'

GOL do Burgos. Curro Sánchez anota o 0-2

97'

Final do partido. Deportivo 0-2 Burgos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos