O Celta golea o Valladolid e afástase do descenso nunha gran tarde de Gabri Veiga
O porriñés anotou dous goles e asistiu a Seferovic no que abría a conta
O Celta iguala a diferenza de goles co Valladolid, que queda a tres puntos
Minuto a minuto
Ás 16:15h comeza en Balaídos un partido fundamental na loita por eludir os postos perigosos da táboa.
Xa temos o XI inicial de Carlos Carvalhal para o partido. Volve o capitán Hugo Mallo, e en punta vai xogar Seferovic.
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @realvalladolid!#CeltaRealValladolid #LaLiga pic.twitter.com/wWFV2qSnqR
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) February 26, 2023
E este é o XI inicial do Valladolid:
Los 1️⃣1️⃣ con los que salimos contra el @RCCelta.
— Real Valladolid C.F. (@realvalladolid) February 26, 2023
¡A por los 3 puntos, equipo! ?? ¡Aúpa Pucela!#CeltaRealValladolid pic.twitter.com/RKIq1Kdomf
Comeza o partido en Balaídos
Remate de Seferovic moi preto do pau na primeira aproximación do Celta
Remata un córner Iván Sánchez, moi cruzado. A xogada quedou anulada por fóra de xogo
Iago Aspas culmina unha contra cun disparo lonxano que se espeta na base do pau
1-0 Goooooooooool do Celta!!!Abre o marcador Seferovic cunha axustada cabezada
Remata Gabri Veiga desde fóra da área, desviado
Gabri Veiga goza dunha dobre ocasión á contra: primeiro márchalle moi longo o control, e despois o seu remate marcha preto do pau
2-0 Goooooooooool do Celta! Gabri Veiga marca o segundo logo de recoller un balón rexeitado na área
Paradón de Iván Villar a remate a boca de xerro de Larin
E outro paradón de Iván Villar, agora a un disparo por arriba
Descanso en Balaídos. Celta 2-0 Valladolid
Xogada persoal de Carles Pérez, o seu remate sae desviado
Amallah recibe no punto de penalti e marca. O 2-1 sube inicialmente ao marcador, pero De Burgos acaba anulándoo a instancias do VAR por fóra de xogo
3-0 Gooooooooool do Celta!! Gabri veiga volve recoller un rexeitamento, desta volta a un tiro de Luca de la Torre, e anota o terceiro dos vigueses, segundo da súa conta
Gabri Veiga remata ao pau, puido ser o seu terceiro gol
Larsen remata de chilena, pero o balón marcha desviado
Expulsado Amallah con cartón vermello directo no Valladolid, por unha dura entrada sobre Cervi
Hugo Sotelo proba fortuna desde o bordo da área, e o seu potente remate marcha moi preto da escadra de Asenjo
Final en Balaídos. Celta 3-0 Valladolid