O Celta ten as mellores ocasións pero perde cun Atlético en inferioridade (0-1)
Savic foi expulsado a vinte minutos da conclusión
No minuto 88 Memphis aproveitou un balón morto e anotou o gol da vitoria
Minuto a minuto
Ás 16:15 horas comeza en Balaídos o Celta-Atlético de Madrid correspondente á 21ª xornada da Liga
Este é o XI inicial de Carlos Carvalhal:
📋✅ ¡Nuestro 𝗫𝗜 inicial 🆚 @Atleti!#CeltaAtleti #LaLiga https://t.co/32ForArFnj pic.twitter.com/Xk4KEZsJE8
— RC Celta (@RCCelta) February 12, 2023
E este é o XI inicial de Simeone:
👥 ¡Los 1⃣1⃣ elegidos por @Simeone! pic.twitter.com/snVMIEzoAO
— Atlético de Madrid (@Atleti) February 12, 2023
Comeza o partido en Balaídos: Celta 0-0 Atlético de Madrid
Centro á área, remata Morata de cabeza, fóra
Ocasión do Atlético de Madrid. Centra Nahuel, toca Griezmann e o remate de Llorente rexéitao Tapia
Carles Pérez dispara desde fóra da área, despexa Oblak a córner
Tiro de Luca de la Torre desde moi lonxe que marcha moi desviado
Descanso en Balaídos. Celta 0-0 Atlético
Comeza a segunda parte en Balaídos
Ocasión do Atlético. Remata Morata desde dentro da área, gran parada de Iván Villar
Gran contra do Celta, queda Iago Aspas no man a man, toca Oblak e acaba sacando sobre a liña de gol
Expulsado Savic por unha falta a Seferovic cando era o último defensor
Lanza a falta Aspas contra o traveseiro
Lanzamento lonxano de Carles Pérez, despexa Oblak a córner
Despexa Reinildo un centro contra a súa propia portería e está a piques de bater a Oblak
0-1 Gol do Atlético. Xogada de Carrasco pola esquerda, o seu disparo queda morto na área pequena, recólleo Memphis e, á reviravolta, abre o marcador
Final do partido en Balaídos. Celta 0-1 Atlético. Valeu o gol de Memphis Depay cando o Atlético xogaba con dez por expulsión de Savic