Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empeora a calidade do aire na Palma por mor da cinza

Empeora a calidade do aire na Palma por mor da cinza

Suspendidas as clases en cinco municipios

A coada sur ameaza a estrada de Puerto Llanos

A nube de cinza empeora o aire na Palma A nube de cinza empeora o aire na Palma
G24.gal 02/11/2021 08:06

A cinsa ocúpao todo no val de Aridane. Día tras día, os equipos de limpeza quítana hoxe e mañá todo volve estar negro. 

Os habitantes dos cinco municipios de Los Llanos, El Paso, Tazacorte, Puntagorda e Tijarafe teñen recomendado non saír das casas pola cinsa en suspensión e pola alta concentración de dióxido de xofre. Tamén se suspenderon as clases.

➡️ Continúa la acumulación de ceniza en suspensión sobre el Valle de Aridane, por lo que se ruega especial precaución en la carretera.

➡️ Para la retirada de ceniza se han habilitado bandejas en los distintos municipios. En el exterior, se recomienda el uso de mascarilla FFP2.

Nas últimas horas, toda a tarde de onte, continuaron aumentando as emisións de lava e cinsa, polo que empeorou aínda máis a calidade do aire e aumentou tamén o caudal das coadas.Unha delas preocupa especialmente porque ameaza con cortar unha das estradas de acceso a Puerto Naos, en Los Llanos. A Armada estuda usar lanchas de desembarco para trasladar agricultores para que poidan ir regar os plataneiros.

O aumento da cinsa levou á compañía aérea Binter a suspender os voos coa Palma. Moitos turistas que viaxaran esta ponte para ver o volcán non puideron regresar e terán que esperar a que melloren as condicións para voar. 

No Pevolca alertan de que a nube de cinsa tenderá a dirixirse hoxe cara ao leste da Palma e pode alcanzar as illas occidentais e afectar a operatividade do aeroporto da Palma e A Gomera. 

Un Día de Santos marcado polo volcán

O volcán alterou a vida dos palmeiros, e esa alteración afecta máis se cabe emocionalmente no Día de Santos e Defuntos. Neste cemiterio de El Paso, totalmente cuberto de cinsa, suspendeuse finalmente a misa ao aire libre. 

Polo menos neste cemiterio puideron facerse visitas. Non así no municipio de Los Llanos, onde o camposanto de Las Manchas está rodeado de lava e en zona de exclusión.

Para que poidan lembrar os seus seres queridos, instalouse en Los Llanos este recuncho da memoria onde se colocan os ramos que non poden levar ao cemiterio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade