Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferrol e Viveiro acollen a procesión do Santo Encontro

Ferrol e Viveiro acollen a procesión do Santo Encontro

Procesión do Santo Encontro en Ferrol
G24.gal 07/04/2023 17:26 Última actualización 07/04/2023 19:47

Ferrol viviu este venres un dos momentos máis emocionantes da súa Semana Santa. Contra a unha do mediodía entraban na praza de Armas os pasos cos tronos da procesión do Santo Encontro.

Despois de percorrer toda a cidade aclamados por milleiros de persoas atopábanse por fin e coordinaban os seus movementos durante un instante moi emotivo. 

Día completo de procesións tamén en Viveiro

En Viveiro tamén foi o Encontro o que abriu a axenda de procesións deste Venres Santo. Unha axenda moi apertada, que se vai prolongar ata pasada a medianoite.

Procesión do Santo Encontro en Viveiro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade