Cargando resultados...
Emilio Rúa: "Son feliz cando vou tocar as aldeas, porque veño de aí"
O cantautor celebrou os seus 25 anos de carreira discográfica cunha serie de concertos por Galicia
Emilio Rúa tenlle posto música a poemas de Ánxela Gracián, Luis García Gil, Cunqueiro ou a poetas comporáneos galegos
'Grazas por estar aí' é o videoclip que publicou polo seu 25 aniversario gravado no teatro do Palacio da Brejoeira
G24.gal
26/09/2025 10:48
Última actualización 26/09/2025 11:33
Grazas por todo este tempo. Grazas, aínda que o mellor estea por vir. As grazas do cantautor Emilio Rúa, que celebra un cuarto de século de carreira discográfica. Hai 25 anos, Emilio Rúa publicaba o seu primeiro disco. Desde aquela viñeron outros 11 máis, moitas colaboracións, moitas composicións propias, poemas musicados, e versións de temas clásicos.