Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iago Aspas devolve o Celta ao sendeiro da vitoria (0-1)

Iago Aspas devolve o Celta ao sendeiro da vitoria (0-1)

En Elxe chegou a cuarta vitoria na temporada do Celta que serve para afastarse dos postos de descenso

Oitavo gol do de Moaña dun Celta que volve gañar oito xornadas despois

G24.gal 06/01/2023 19:32 Última actualización 06/01/2023 20:26

Minuto a minuto

6

GOOOOOL de Aspas!! Pase da morte de Gabri e o de Moaña remata co peito á rede

 

 

13

Roger Martí encara a Marchesín e saca o arxentino. Avisa o Elxe

 

19

Tivo Gabri Veiga o segundo!! Buscou o remate picado diante de Badía pero parou o porteiro local

26

Outra máis de Gabri Veiga. O seu remate cruzado marchou pretiño do pau

34

A mellor do Elxe!!! Nervios no Celta nas xogadas a balón parado e Boyé estivo a piques de marcar

 

43

De novo Gabri Veiga!!! Xogadón do porriñés desde campo propio pero falla no momento da definición

50

Gumbau proba de falta directa e saca Marchesín. Resposta o Celta cunha vaselina de Aspas que marcha por riba do traveseiro

55

Dobre ocasión do Celta que busca o segundo!!!!! Primeiro Larsen e despois Aspas estiveron moi preto do gol

71

Boyé pon a proba a Marchesín. Non pasa demasiado no partido, o Celta está a controlar moi ben en defensa pero fáltalle inquedar algo máis en ataque

 

77

Problemas para Aidoo. Recibiu un golpe e teñen que saír as asistencias

88

O Elxe pendura balóns sobre a área do Celta ... Algunha dúbida de Marchesín pero continúa o triunfo vigués

90

Córner que se pasea pola área pequena do Celta! A piques estiveron de rematar dous xogadores do Elxe

92

Expulsado Bigas por agresión a Aspas!!! O Elxe con dez

94

Aspas recupera e lánzase á contra pero remata cruzado

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos