Publicador de contidos

Publicador de contidos

Elena Sánchez, presidenta do Consello de Administración de RTVE

Elena Sánchez, presidenta do Consello de Administración de RTVE

Substitúe no cargo a Jose Manuel Pérez Tornero

G24.gal 27/09/2022 22:11

A xornalista e conselleira de RTVE proposta polo PSOE Elena Sánchez Caballero foi elixida este martes como nova presidenta interina do Consello de Administración da Corporación.

Sánchez substitúe a José Manuel Pérez Tornero, que presentou a renuncia tras un ano e medio no cargo. A súa elección saíu adiante cos votos a favor de cinco conselleiros.

Nada en Madrid en 1957, Elena Sánchez Caballero é licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense.

Tras traballar como xornalista desde 1979 en distintos medios públicos e privados (Diario 16, Antena 3 Radio e Axencia EFE) incorpórase á área de deportes de RTVE en 1984 e en 1987 obtén por oposición praza de redactora.

Durante case catro décadas estivo fronte ás cámaras presentando e dirixindo telexornais, programas de actualidade e debates na 1, na 2 e na canle 24 Horas. Foi reporteira de ‘Informe Semanal’ e ‘Crónicas’, e dirixiu documentais biográficos en ‘Imprescindibles’.

Creou o órgano de Defensa da audiencia en 2008 e dirixiuno ata o 2014.

En agosto de 2018 foi nomeada secretaria xeral da Corporación, cargo que abandonou por decisión propia en setembro de 2020.

En marzo de 2021 foi nomeada polas Cortes conselleira da Corporación RTVE.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos