Publicador de contidos

Educación presenta a distribución das prazas para a OPE de xuño

Educación presenta a distribución das prazas para a OPE de xuño

Haberá 2.628 prazas repartidas en 61 especialidades

Os sindicatos non apoiarán a convocatoria ata negociar o proceso extraordinario de redución da temporalidade

G24.gal 14/01/2022 15:13

Antes de darlle o visto e prace á oferta de Educación, as organizacións sindicais queren ter enriba da mesa os detalles da futura convocatoria extraordinaria para a redución da temporalidade. 

"Para ter unha negociación seria" afirma Suso Bermello, de CIG Ensino, "teriamos que ter o número de prazas ou, polo menos, os criterios para determinalas". 

A Consellería estimou en 500 ou 600 prazas as que poderían saír nese concurso extraordinario. Será logo de aprobarse o real decreto, di o director xeral de Centros, cando abran un marco de negociación.

Dende Educación confirman que a convocatoria ordinaria de 2.628 prazas vai adiante e que se desenvolverá entre xuño e xullo. Haberá 950 prazas para mestres, 1.171 para ensino secundario, 45 para docentes de escolas oficiais de idiomas e 8 para os de artes plásticas e deseño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar