Edu Sousa cumpre o seu soño de xogar en Riazor
Xogará no lugar de Ian Mackay, mancado no ombreiro
O Deportivo afronta o partido contra a Cultural co que apunta a ser un extenso parte de baixas. Entre elas, estará a de Ian Mackay na portería. Baixo paus estará Edu Sousa, que cumprirá o soño de estrearse en Riazor:
"O escenario é inmellorable. O que é Riazor e o ambiente que se xera a fin de semana é excepcional. Para min supón unha ilusión moi grande. Non vou mentir. Eu o primeiro, pero ninguén contaba con que puidese regresar e estar aquí. Déronme a oportunidade, recrutáronme para axudar no que sexa e estou encantado. Pero non só esta semana. Cada vez que adestramos en Riazor, mesmo sen xente nas bancadas. Aí tamén sentes cousas diferentes. É un gran escenario e desde pequeno vivino. É marabilloso".
O gardameta non afronta a semana de forma diferente por saber que vai xogar, principalmente porque cre que non sería o adecuado:
"Nunca fun capaz de preparar un exame o último día. Cando o fixen, sempre saía mal".