Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas mulleres foron rescatadas do incendio da súa vivenda en Mondariz

Dúas mulleres foron rescatadas do incendio da súa vivenda en Mondariz

Refuxiáranse no balcón fuxindo das lapas 

A vivenda ardeu por completo con todo o que había no interior 

G24.gal 30/12/2021 11:53

O bombeiros do Porriño rescataron no serán do mércores dúas mulleres que quedaran atrapadas no balcón da súa vivenda de Mondariz debido a un incendio no interior.

Un particular avisou de que unha casa ardía no lugar de Campo do Mouro, en Mouriscados, onde acudiron os bombeiros do Baixo Miño, Garda Civil, Policía Local, 061 e o servizos do GES de Ponteareas.

Tras o rescate, os bombeiros traballaron arreo desde as 19:00 horas ata as 23:00 para conseguir extinguir o lume. A vivenda ardeu por completo con todo o que había nela.

Ás mulleres trasladáronas, xa que precisaron atención médica por inhalación de fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade