Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas cadelas da Estrada fanse famosas pola súa habilidade para patinar

Dúas cadelas da Estrada fanse famosas pola súa habilidade para patinar

Lúa e Kía son de raza border collie e adquiriron preto de cen habilidades diferentes 

O seu dono, Serafín Alonso, salvou unha delas de acabar na canceira por ladrar demasiado

G24.gal 09/02/2022 15:02

Cando atopa algo de lixo tirado no chan, Lúa sabe perfectamente o que debe facer. Cólleo e lévao ata a papeleira. A súa compañeira de aventuras, Kía, é igual de ordenada para recoller os seus xoguetes e metelos nunha cesta. Mellor que moitas nenas humanas.

Estas son só algunhas das habilidades destas cadelas da Estrada que se fixeron famosas, sobre todo, por saber andar en patinete. Pero o seu dono, Serafín Alonso, cre que o máis difícil é lograr que estean relaxadas. Indica que "son border collie, unhas cadelas de natureza hiperactiva e tratan sempre de ter actividade". 

Os animais foron sempre unha das súas grandes paixóns. Cando tivo que deixar o traballo por motivos de saúde, entregouse ao adestramento canino e traballar con estas cadelas foi todo un reto para el. A Kía, a máis pequena, salvouna de acabar nunha canceira porque a súa dona anterior non a quería. Dicía que ladraba demasiado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade