Publicador de contidos

Publicador de contidos

Drama para o Lugo, ilusión para o Arenteiro

Drama para o Lugo, ilusión para o Arenteiro

Veremos os dous partidos o domingo na G2, o Barcelona Atlétic-Lugo ás 16:00 e o Arenteiro-Ponferradina ás 18:00

G24.gal 19/04/2024 21:23

As cámaras da galega estarán este sábado en Riazor, onde o Deportivo recibe o último equipo co que perdeu: a Cultural Leonesa. Idiakez convoca a todos os seus xogadores, Lucas incluído. Yeremay será baixa tras ver o quinto amarelo ante o Teruel. Cita crucial para abrir unha fenda na cabeza da clasificación. O técnico intenta illar o equipo da euforia externa.

A través desta casa tamén poderán seguir o encontro entre o Barça B e o Lugo. Será o domingo ás catro da tarde. Trashorras segue sen dar coa tecla e o equipo suma tres derrotas consecutivas. O Lugo é noveno con seis puntos sobre o descenso. O adestrador pensa que non hai que mirar máis lonxe do seguinte partido.

O Arenteiro recibe a Ponferradina o domingo en Espiñedo, partido que tamén poderán ver na G2 dende as sete. O equipo de Javi Rey, que suma seis partidos sen perder, está a oito puntos do play off. A ambición é máxima.

O Celta Fortuna tamén se cita cun grande. Visita o Nástic. Mídense o cuarto contra o terceiro clasificado. Nástic e Celta Fortuna chegan ao partido cos mesmos puntos, 57.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade