Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous detidos en Ribeira por agredir unha parella de policías locais

Dous detidos en Ribeira por agredir unha parella de policías locais

Tras golpear os axentes, un dos detidos atrincherouse na terraza do seu piso

As vítimas estaban fóra de servizo no momento do altercado

 

 

G24.gal 22/12/2023 14:53

Eran as tres da tarde cando a axente regresaba do traballo no seu coche particular pola avenida Miguel Rodríguez Bautista. Alí un individuo comezou a ameazala e gravala co móbil. Ao parecer, non era a primeira vez que tentaba intimidala, a raíz dunha sanción de tráfico.

"Ela estaba no coche parada nun semáforo e o individuo púxose a facerlle fotos e gravala. Ela baixou do coche díxolle que non podía facelo e solicitou que se identificara. El negouse e despois comezou todo", explica Luís Dieste, policía local de Ribeira.

A axente pediu axuda ao seu home, tamén policía municipal, que estaba fóra de servizo e acudiu ao momento. Pola súa banda, o presunto agresor, coñecido polo seu perfil conflitivo, chamou a súa irmá.

"Ao parecer, chamou á irmá para que lle botara unha man. Ela baixou do piso á rúa, enleáronse contra os nosos compañeiros e acabaron detidos", engade o axente Dieste.

Á raíz da malleira, posiblemente por unha chave no puño, o policía ten tres grampas na cabeza e unha ferida na man. A suposta agresora foi detida na rúa no mesmo momento, mentres que o home se atrincheirou na terraza do piso familiar. 

"Meteuse no primeiro piso do domicilio e empezou a insultar e ameazar desde o balcón. Non había maneira de que baixara, puidemos entrar arrestalo grazas a un veciño", di Ricardo Fariña, Policía local de Ribeira.

Os detidos están no calabozo na Policía Nacional de Ribeira. Está previsto que pasen a disposición xudicial nas próximas horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade