Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dos 124.000 atropelos rexistrados na última década, 3.500 resultaron mortais

Dos 124.000 atropelos rexistrados na última década, 3.500 resultaron mortais

Os peóns, a parte máis vulnerable nun accidente, non son os responsables no 70% dos sinistros nos que se ven implicados

G24.gal 24/09/2025 20:53 Última actualización 24/09/2025 21:06

Segundo a profesora de educación vial Mónica Pérez, "cruzar antirregulamentariamente, irrumper na rúa sen mirar, utilizar dispositivos de telefonía ou auriculares, e ás veces cruzar con falta de visibilidade ou calcular mal a posición, velocidade, distancia á que se achegan os vehículos" son os erros máis comúns que hai detrás dos atropelos. 

Cada semana morren case seis peóns atropelados. 

De 124.000 atropelos, tres mil cincocentas persoas perderon a vida na última década e no setenta por cento dos accidentes non foron os peóns os que cometeron a infracción. 

A velocidade é determinante á hora do resultado do atropelo, tamén cómpre respectar as normas e extremar as precaucións.

Nun estudo da Fundación Línea Directa a partir dos rexistros da DXT, conclúese que a maior parte dos atropelos son por turismos, entre semana, durante o día, entre outubro e decembro e principalmente en vías urbanas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos