Publicador de contidos

Publicador de contidos

Doces "divinos" no mercado de Nadal na hospedería de San Martiño Pinario

Doces "divinos" no mercado de Nadal na hospedería de San Martiño Pinario

G24.gal 05/12/2022 14:16

Se buscan agasallos exclusivos ou sorprender aos convidados este Nadal con produtos delicatessen, teñen na hospedaxe de San Martiño Pinario unha morea de propostas. No mercado de Nadal poden atopar máis de 200 especialidades de produtos de repostería elaborados polas relixiosas de vinte mosteiros e conventos de España.

Entrar na despensa da hospedaxe de San Martiño Pinario é unha experiencia para os cinco sentidos estes días. A antiga adega do mosteiro acolle o mercado de Nadal. Unha oportunidade única de mercar produtos artesanais e exclusivos elaborados polas monxas de 20 conventos e mosteiros españois, 4 deles galegos.

Figos confeitados, xemas de Santa Clara, mazapáns, chocolates e turróns de sabores insólitos -en especial un, o de torresmo, elaborado en Soria-, ademais da sorpresa que ocasionan as variedades de marmeladas son algúns dos produtos que este mercado ofrece. Sen faltar as variedades sen azucre ou sen glute. 

Non son baratos pero o prezo apenas se incrementa na tenda porque é unha maneira de contribuir á pervivencia da actividade dos conventos que se financian en moitos casos nesta ocasión de repostería artesanal.

Se se queren facer con algunha destas divindades non demoren moito pois son unidades limitadas e non se repoñen. O Mercado de Nadal dura o que duren as existencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade