Diverxencias profundas entre o PSOE e o PP arredor da proposta de financiamento autonómico
Salvador Illa reta aos detractores dese modelo a presentar un proposta alternativa
Oriol Junqueras sostén que Cataluña aspira a recadar o 100% do IVE
Desde o Partido Popular anuncian que paralizarán a reforma cando cheguen á Moncloa
O Goberno pretende que o novo modelo de financiamento autonómico entre en vigor o ano vindeiro. Desde Cataluña, o líder do PSC e titular da Generalitat, Salvador Illa, di que esa proposta para as comunidades é a "mellor da historia" e lánzalle dúas preguntas ao PP e aos partidos cataláns que a rexeitan.
"Imos opedir unha dobre proba do nove a aqueles que critican o modelo. Primeiro: que fixestes para resolver este asunto? E que propostas facedes? O modelo permite que non o apliquedes se non queredes".
En Esquerra Republicana concretan que, co financiamento pactado con Sánchez, Cataluña ingresará o 80% do IVE, o 55% do IRPF e o 58% dos impostos especiais. Pero Junqueras quere máis.
"Esperemos que este acordo se complemente nas vindeiras semanas tamén cun acordo sobre como desbloquear o cobramento do 100% do IRPF".
Desde o Partido Popular, Miguel Tellado di que o Goberno tenta "comprar o apoio do separatismo” co financiamento autonómico e anuncia que revertirán o modelo tan pronto como accedan á Moncloa.
"Cando Feijóo chegue á Moncloa lanzará un novo sistema de financiamento no prazo dun ano, un sistema xusto, un sistema solidario, un sistema bo para o conxunto do país. Xa está ben de que o rumbo de España o decidan os Junqueras, os Oteguis e un puñado de corruptos".