Cargando resultados...
Disputa entre Grecia e Turquía pola chegada de migrantes espidos á fronteira
A ONU pediu unha investigación sobre o sucedido

G24.gal
18/10/2022 08:01
Aumenta a tensión política entre Grecia e Turquía despois de que durante a fin de semana o país heleno rescatase noventa e dous migrantes espidos na fronteira que separa os dous países polo río Evros.
Ao seren rescatados, declararon que foran trasladados en vehículos das autoridades turcas e abandonados espidos. A ONU xa pediu que se abra unha investigación sobre o sucedido.
Grecia acusa a Turquía dun comportamento medieval. Os turcos negan que empurrasen os migrantes cara a Grecia e acusan a Atenas de calumnias.