Publicador de contidos

Publicador de contidos

Discurso récord de Trump sobre o Estado da Unión, de case dúas horas de duración

Discurso récord de Trump sobre o Estado da Unión, de case dúas horas de duración

Destacou o que considera os grandes logros da súa administración: a loita contra o narcotráfico e contra a inmigración ilegal

 Defendeu os aranceis e dixo que o país vive unha época dourada

G24.gal 25/02/2026 08:05

"A nosa nación regresou. Máis grande, mellor, máis rica e máis forte ca nunca".  Así comezou Trump o discurso sobre o estado da Unión, a intervención máis importante do ano en horario de máxima audiencia.

Falou de éxitos económicos, controlando a inflación ou baixando o prezo dos carburantes. E defendeu os aranceis .  

Varias partes do discurso foron sobre política migratoria. Sacando peito das detencións e deportacións masivas.

En canto á política exterior, a primeira alusión foi a Venezuela. Presumiu de ter un novo socio no mercado do petróleo tras o arresto de Maduro. Houbo poucas referencias a Europa e reiterou as ameazas a Irán. Di que aniquilarán o réxime se non ceden a un acordo e renuncian ás armas nucleares. 

Durante todo o discurso houbo interrupcións dos aplausos dos republicanos e tensión cos demócratas. Un deles foi expulsado da sala por levar un cartel de protesta. Tamén houbo insignias en apoio ás vítimas de Epstein. E outro grupo de congresistas demócratas convocou un mitin paralelo fóra do Capitolio. 

Este discurso tiña unha especial importancia, a nove meses das eleccións lexislativas de medio mandato e coa popularidade de Trump arredor dun 40%.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade