Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite o director xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda

Dimite o director xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda

María Jesús Montero, responsable de Facenda, di que este cambio "forma parte do proceso normal dos equipos"

G24.gal 14/02/2024 14:15

O director xeral de Fondos Europeos, Jorge Fabra, dimite do seu cargo no Ministerio de Facenda.  Renuncia un ano e medio despois de acceder ao cargo para substituír a Rocío Frutos, que tamén abandonara o posto por discrepancias na xestión dos fondos comunitarios.

Fabra será substituído agora por José Ángel Alonso Jiménez, que ocupaba o cargo de subdirector xeral de Sistemas de Información de Fondos Europeos. 

A vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, explicou que este cambio "forma parte do proceso normal dos equipos" e quixo "agradecer o traballo intenso do director xeral para chegar á solicitude do cuarto pago".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade