Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dimite a vogal progresista do CXPX Concepción Sáez ante a "insostible" situación do órgano

Dimite a vogal progresista do CXPX Concepción Sáez ante a "insostible" situación do órgano

Sáez levaba considerando a dimisión desde hai polo menos dous meses

Axencias 22/03/2023 23:13

A vogal progresista do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) Concepción Sáez presentou a súa dimisión ante a situación "insostible" do órgano, segundo adiantou ElDiario.es e confirmaron fontes do órgano de goberno dos xuíces.

A vogal trasladou a súa decisión ao presidente interino do Consello Rafael Mozo a través dunha carta. Segundo as fontes, Sáez levaba considerando a dimisión polo menos dous meses.

Sáez considera “inútil” a súa continuidade no que entende un escenario de “radical e poida que xa irreversible degradación da institución”.

O presidente do CXPX está a considerar a aceptación da renuncia, tal e como establece o artigo 582.1 LOPX, que non se producirá antes do Pleno do próximo día 30, segundo indicaron as fontes do Poder Xudicial. 

O CXPX debía renovarse o 4 de decembro de 2018, cando expirou o mandato de cinco anos dos seus 20 vogais, pero a incapacidade de PP e PSOE para chegaren a un acordo impediuno, despois de varios intentos.

O actual CXPX conformouse o 4 de decembro 2013 con 20 vogais, que actualmente son 17, tras a dimisión de Sáez, porque nestes nove anos un deles, Rafael Fernández Valverde, xubilouse e outra, Vitoria Cinto, faleceu.

A iso súmase a dimisión de Carlos Lesmes como presidente do Consello e do Tribunal Supremo (TS) o pasado 9 de outubro, precisamente para forzar a renovación.

Ademais, a situación podería empeorar porque o presidente interino do órgano Rafael Mozo tamén se xubilará o próximo ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar