Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diego Villares: "Mario Soriano caeu de pé no vestiario"

Diego Villares: "Mario Soriano caeu de pé no vestiario"

O centrocampista do Deportivo analizou o comezo de temporada na 1ª RFEF

G24.gal 10/09/2022 10:52 Última actualización 10/09/2022 14:57

Por fin arrincou o curso futbolístico para o conxunto coruñés coa vitoria a pasada fin de semana ante a Balompédica Linense en Riazor. Para comentar ese encontro e as sensación do inicio ligueiro pasou polo 'Galicia en goles' o medio Diego Villares.

"Xa había ganas de comezar, logo do partido adiado. A afección portouse, coma sempre. Encantados con eles e vannos axudar moito. Axustamos cousas no descanso, tivemos diante un rival que xogou moi ben. Mario Soriano caeu de pé no vestiario e é un xogador entre liñas e cara a gol ten máis confianza. É un mediapunta que fai moito dano, recibir de costas".

Sobre o vindeiro rival Villares tamén adiantou as súas sensacións, no primeiro partido coma visitante do conxunto coruñés, na matinal do domingo en Mérida.

"Non sei se hai mellor equipo ou non que o ano pasado. O que si e que está capacitado. A priori non é o Mérida o equipo máis forte da categoría, pero sabemos que nesta categoría os equipos son fortes e será complicado gañarlles".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade