Cargando resultados...
Diego Veiga: "En Moura pensamos na música como algo case cinematográfico"
'Asexan, espreitan' é o segundo álbum de Moura
Moura son: Diego Veiga, Hugo Santeiro, Luís Casanova, Pedro Alberte, Fernando Vilaboy e Belem Tajes
En xuño, en directo en León e Madrid, e en agosto, no Sonic Blast de Moledo
G24.gal
27/05/2022 17:00
"Aldeas cheas de mortos convivindo cos vivos Axexan, espreitan, atusman, rosman, Aínda non sei que queren de min, pero ás veces, ábrense portas”. Estas palabras do filme 30 lumes dan nome ao novo disco de Moura, unha porta musical a outras dimensións: as lembranzas da infancia de Diego Veiga e aos mitos e lendas que están na raíz da nosa cultura. Na súa cocteleira musical: temas tradicionais, kraut, stoner e ritmos dos sesenta.