Publicador de contidos

Publicador de contidos

Diego Vallejo tras rematar o seu sexto Dakar "Adícollo ao meu pai"

Diego Vallejo tras rematar o seu sexto Dakar "Adícollo ao meu pai"

O copiloto de Meira finalizou tódalas súas participacións no raid máis duro do mundo

G24.gal 15/01/2022 10:08

Aínda coas areas no corpo e o champagne no cabelo, Diego Vallejo atendeu ao Galicia en Goles para analizar a súa participación no Dakar 2022. O lucense, xunto ao madrileño Óscar Fuertes, chegaron á meta final da proba desputada en Arabia Saudita  a bordo do seu Astara.

"O golpe que tivemos foi forte. Un pinchacarneiro e logo dando voltas pola duna. Máis aparatoso do que logo foi.  Voamos máis da conta. Nós tivemos algunhas magulladuras pero rematamos ben. O certo é que pensamos que aí remataba todo. Os coches teñen moitos sistemas de seguridade. É un revolcón que queda nunha anécdota"

Diego estivo acompañado no raid asiático polo seu irmán, Serxio, que estivo colaborando dentro do Astara Team. Foi, quizais, a edición máis emotiva das seis que desputou ata o de agora tralo pasamento do pai de ambos hai uns meses.

"Este Dakar dedícollo ao meu pai que faleceu o ano pasado. Era un gran afeccionado e apoiabanos un montón. Trouxen unha medala que era del. Seguro que o estará a desfrutar alá onde esté"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos