Diego Rey combina toques de luxo no fútbol e no billar
O xogador da Sarriana participa desde este martes no Mundial de Billar Pool Bola Nove
O nome de Diego Rey está íntimamente vencellado ao fútbol traso seu paso por diferentes equipos. Desde o Lugo ata a Sarriana, pasando polo Estradense, Somozas, Compostela, Levante ou Vilalbés. Brillante foi o seu rendemento no conxunto santiagués, onde deixou xogadas para a lembranza.
Agora, tras ascender coa Sarriana á Terceira Federación, enfocouse noutra das súas grandes paixóns: o billar. Nos últimos días, e logo de proclamarse subcampión nacional de snooker, Diego está a preparar o Mundial de Billar Pool Bola Nove, que se disputará en Lugo a partir do vindeiro martes.
O galego, que se enfrontará en primeira rolda ao vietnamita Nguyen, non marca obxectivos máis aló de gozar. Gaña o que introduce por orde as bolas numeradas do un ao nove. Coma no fútbol, Diego Rey tamén deixa toques de luxo no billar.