Publicador de contidos
Publicador de contidos

Díaz non delegará no PSOE a negociación con Podemos sobre o subsidio de desemprego

Díaz non delegará no PSOE a negociación con Podemos sobre o subsidio de desemprego

A vicepresidenta segunda e ministra de Emprego abrirá conversas cos axentes sociais antes de presentar un novo decreto no Congreso

Podemos advirte que volverá votar en contra se o Goberno "volve traer recortes"

G24.gal 15/01/2024 14:31

A vicepresidenta segunda Yolanda Díaz asegura que non vai delegar no PSOE as negociacións con Podemos sobre o subsidio de desemprego. Segundo explicou o voceiro de Sumar, Ernest Urtasun, "son os ministerios competentes os que lideran as negociacións sobre a súa propia materia, e seguirá sendo así".

Iso si, a ministra de Traballo mantén os morados á espera, xa que vai abrir as conversas primeiro cos axentes sociais. Para Urtasun, "tirar ao chan" o decreto para a reforma deste subsidio "foi unha grandísima irresponsabilidade e algúns terán que explicar porque trasladan as súas pelexas políticas sobre as costas dos máis vulnerables deste país".

Mentres, Podemos ameaza con volver votar en contra no Congreso se o Goberno "volve traer recortes". A voceira do partido, María Teresa Pérez, asegurou en conferencia de prensa que non teñen "problema ningún" en negociar con "calquera" ministro ou ministra, "con aquel que Pedro Sánchez decida, que para iso é quen manda neste Goberno". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade