Cargando resultados...
Dez caras novas no Deportivo para lograr o ascenso
Tamén ten novo corpo técnico liderado pola adestradora madrileña Irene Ferreras
G24.gal
09/09/2022 13:40
Última actualización 09/09/2022 13:46
O domingo comeza a liga para o Deportivo feminino. As xogadoras que dirixe Irene Ferreras reciben o Raio Vallecano nunha temporada en que o grande obxectivo é lograr o ascenso á máxima categoría.
É unha nova era no Deportivo Abanca. Ata dez caras novas no campo e novo corpo técnico ao mando da adestradora madrileña Irene Ferreras. Entre esas fichaxes está Carlota Suárez, chamada a un papel relevante. Vén do Oviedo coa misión de achegar goles.
"O equipo vai xogar moi ben. É un equipo que move a pelota con sentido e que vai ser bonito de ver".