Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home na Coruña por acoitelar outro nun bar

Detido un home na Coruña por acoitelar outro nun bar

A Policía Nacional detivo o presunto agresor e o agredido foi traslado ao hospital con feridas nos brazos

G24.gal 17/11/2025 11:38

A Policía Nacional detivo este luns, arredor das 07:00 horas, un home por ferir outro cun coitelodurante un altercado nun bar da Ronda de Outeiro da Coruña. "O detido presuntamente picou varias veces outro cliente cunha arma branca", ratificaron fontes policiais.  Segundo as testemuñas ía armado con dous coitelos ameazando o dono e os clientes. 

O ferido foi trasladado ao complexo hospitalario universitario da Coruña (CHUAC) en estado "non moi grave", con feridas nos brazos.

En relación a este suceso ocorrido nunha cafetería da cidade proseguen as actuacións policiais para esclarecer todas as circunstancias do sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade