Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home acusado de acoitelar a outro nunha zona de copas da Coruña

Detido un home acusado de acoitelar a outro nunha zona de copas da Coruña

A vítima permanece ingresada na UCI en estado moi grave

G24.gal 15/01/2022 20:30

Un mozo permanece ingresado na UCI do hospital da Coruña en estado moi grave, tras ser acoitelado nunha das zonas de copas da cidade. A Policía Nacional prendeu o presunto agresor este sábado no barrio coruñés de Monte Alto.

As forzas de seguridade detivérono tras despregar un amplo dispositivo na contorna da súa vivenda, na que se atrincheirara. 

Os feitos aconteceron na noite do venres ao sábado en Orzán. Por causas que se están a investigar, arredor das 3:00 da mañá houbo un enfrontamento entre dous mozos. Un deles parece ser que é un vello coñecido da Policía polo seu carácter conflitivo.

Segundo as testemuñas, o agresor sacou unha navalla e dirixiuse ameazante cara á vítima e acoitelouna. O agredido foi intervido cirurxicamente de madrugada e permanece na unidade de críticos do hospital da cidade. O seu estado é moi grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade