Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por suposta agresión o número dous da candidatura do PSOE ao concello de Santa Cruz de Tenerife

Detido por suposta agresión o número dous da candidatura do PSOE ao concello de Santa Cruz de Tenerife

José Ángel Martín foi detido por unha suposta agresión ocorrida durante unha visita electoral no campo de fútbol de El Tablero

O PSOE de Canarias informou que de confirmárense os feitos, pedirá a súa renuncia como membro desa candidatura

José Ángel Martín José Ángel Martín
G24.gal 25/05/2023 07:47 Última actualización 25/05/2023 08:30

O concelleiro do PSOE no Concello de Santa Cruz de Tenerife e número 2 da candidatura que este partido presenta ao Consistorio José Ángel Martín foi detido por unha suposta agresión ocorrida durante unha visita electoral no campo de fútbol de El Tablero.

Segundo confirmaron a EFE dúas fontes políticas de diferente signo, o número 2 da lista que encabeza Patricia Hernández acudira a esa visita xunto con outros membros da candidatura e foi increpado por alguén do club por gravar as instalacións nos interiores dos vestiarios.

Segundo relata Martín, nun vídeo que se fixo viral, esta persoa agrediuno en dúas ocasións e el, ao tentar defenderse, tirouno ao chan. Na caída, indican as fontes, ese home rompeu unha perna e tivo que ser trasladado a un centro sanitario. No vídeo, gravado tras a suposta agresión, vese a José Ángel Martín esperando a chegada da Policía Local, que ao parecer foi quen o detivo e entregou á Policía Nacional. As fontes sinalaron que Martín pediría declarar canto antes.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade