Detido por furto un home que subtraeu 120 metros de cable de cobre en Santa Comba
A Garda Civil procedeu á detención dun veciño de Dumbría como suposto autor dun delito de furto e á incautación do cable subtraído
Garda Civil/Ministerio do Interior
A Garda Civil do Posto de Negreira detivo un home como presunto autor dun delito de furto, tras subtraer 120 metros de cable de cobre.
Os feitos sucederon cando unha patrulla, que se atopaba realizando un servizo preventivo de seguridade cidadá en horario nocturno, sorprendeu unha persoa manipulando a liña telefónica que discorre próxima á estrada AC- 400 na localidade de Esmorode, no termo municipal de Santa Comba.
Inmediatamente, os gardas civís actuantes abordaron esta persoa, co obxecto de coñecer os motivos polos que estaba a manipular o tendido, comprobando que subtraera 120 metros de cable de cobre.
A Garda Civil procedeu á detención deste home, coñecido polas forzas de seguridade por ilícitos da mesma índole, como suposto autor dun delito de furto, e realizou a incautación do cable subtraído.