Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido o mozo da muller embarazada que morreu dun disparo en Castelló

Detido o mozo da muller embarazada que morreu dun disparo en Castelló

A policía considera que hai indicios suficientes de que disparou a arma de forma accidental durante unha pelexa.

Falece a muller embarazada de Castelló que recibira un disparo na cabeza

 

G24.gal 16/02/2023 17:12

A policía arrestou na tarde deste xoves o marido da muller lituana que faleceu dun tiro na cabeza  en Valencia.

A muller, de 28 anos, estaba embarazada. Os médicos conseguiron salvar a vida do bebé practicándolle unha cesárea.

Os axentes agardaron a que acabara o enterro da vítima para facer o arresto. 

A policía considera que hai indicios suficientes de que disparou a arma de forma accidental durante unha pelexa na rúa entre un grupo de persoas..

O suceso produciuse sobre as 23 horas do luns no barrio Carbonaire da localidade castellonenca da Vall d'Uixó.

A falecida, de 28 anos e nacionalidade lituana, foi trasladada inicialmente a un centro de saúde da localidade e posteriormente, en estado crítico, ao Hospital Clínico de Valencia, onde se lle practicou unha cesárea para salvar o bebé. 

O meniño está ingresado no mesmo centro e estable. 

Ao parecer, durante a liorta producíronse dous disparos sen que a vítima fose o obxectivo dos mesmos, polo que, 'a priori', non se investiga o suceso como unha agresión machista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade