Deteñen unha nai en Barakaldo por tratar de envelenar os seus dous fillos
A muller, que intentou suicidarse, avisou a exparella do que fixera
A nai e os nenos foron hospitalizados e están estabilizados
Ocorreu en Barakaldo, no domicilio familiar. Unha muller intentou presuntamente envelenar os seus fillos, un neno e unha nena de entre oito e dez anos, con algunha substancia nociva aínda por determinar.
Tras facerse a si mesma varios cortes no pescozo e antes de perder o coñecemento, chamou a súa exparella e pai dos raparigos para contarlle o que fixera.
O home avisou a Ertzaintza e a Policía Local, que irromperon na vivenda a tempo de trasladar con vida a nai e os menores ao hospital. Desde o Departamento vasco de Seguridade indicaron que a nai e os nenos están estabilizados.
A policía autonómica investiga o sucedido e mantén a muller arrestada, acusada de tentativa de homicidio.