Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desirée Vila, Medalla de Ouro do Mérito Deportivo do CSD

Desirée Vila, Medalla de Ouro do Mérito Deportivo do CSD

É un recoñecemento polos "logros no atletismo paralímpico e a súa proxección no deporte inclusivo"

G24.gal 30/11/2022 17:10 Última actualización 30/11/2022 17:16

A atleta de Gondomar Desirée Vila foi galardoada coa Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo que concede o Consello Superior de Deportes polos seus "logros no atletismo paralímpico e a súa proxección no deporte inclusivo".

O presidente do Consello Superior de Deportes, José Manuel Franco, será o encargado de entregar o venres 2 de decembro a medalla a Desirée Vila, unha deportista que, aos seus 24 anos, é unha das atletas paralímpicas españolas con maior proxección.

A entrega deste recoñecemento prodúcese no marco da estratexia 'Iguais no deporte' impulsada polo CSD e da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o vindeiro sábado, 3 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar