Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desestiman a demanda da parella de Ayuso contra Montero por chamarlle "delincuente confeso"

Desestiman a demanda da parella de Ayuso contra Montero por chamarlle "delincuente confeso"

A Sala do Civil do Tribunal Supremo entende que as declaracións constitúen unha crítica política e están amparadas na liberdade de expresión

(EFE/Julián Pérez) (EFE/Julián Pérez)
G24.gal 27/05/2025 11:38 Última actualización 27/05/2025 11:54

O Tribunal Supremo desestimou a demanda que presentou Alberto González Amador, parella da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, contra a vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, por dicir que este vive "nun piso que se pagou cunha fraude á Facenda Pública" e que era un "delincuente confeso".  

A Sala do Civil concluíu que as declaracións obxecto da demanda constitúen unha crítica política que, "guste ou non como realidade social, é frecuente nos nosos días", e están amparadas na liberdade de expresión.   

E engade que "concorren os elementos lexitimadores da liberdade de expresión pois as manifestacións versan sobre unha cuestión de interese xeral e afectan a unha persoa de relevancia social, non se utilizan insultos ou expresións inxuriosas e teñen unha base fáctica razoable (que non quere dicir que sexa exacta)". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade