Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descenden as hospitalizacións e os casos activos da covid en Galicia

Descenden as hospitalizacións e os casos activos da covid en Galicia

Hai 635 ingresados en planta e 14 nas UCI

Este sábado notificáronse 13 falecementos

Descenden as hospitalizacións en Galicia
G24.gal 07/05/2022 14:27 Última actualización 07/05/2022 14:52

Os casos activos da covid descenden nas últimas horas a 17.361, aínda que nesta nova etapa non se rexistran moitos dos positivos que se dan na poboación non vulnerable, polo que a cifra real de persoas coa enfermidade é maior.

Os que si se computan son os dos maiores de 60 anos, onde a incidencia acumulada foi esta semana das máis altas dos últimos meses. O informe do Ministerio de Sanidade cifraba este venres a incidencia en Galicia nos últimos 14 días neste tramo de idade en 1.327 casos por cada 100.000 maiores, cando a media do estado, que vai tamén en aumento, está en 813. 

A situación mellora nos hospitais, con case un cento de pacientes menos desde inicios de semana. Hoxe hai en total 649 ingresados e destes 14 están nas UCI. A única área que non ten pacientes críticos é a de Pontevedra.  

Este sábado notificáronse trece mortes de persoas contaxiadas rexistradas o xoves e o venres. Os falecidos tiñan entre 74 e 95 anos.  A cifra de decesos durante a pandemia en Galicia elévase a 3.382.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade