Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desastroso engadido dun Deportivo que perde en Fuenlabrada (2-1)

Desastroso engadido dun Deportivo que perde en Fuenlabrada (2-1)

O equipo coruñés adiantouse cun gol de Valcarce (10') e gozou de moitas opcións para sentenciar

Sergio Benito empatou no 91 e marcou o da vitoria no 94

Balenziaga e Pablo Martínez tiveron que deixar o partido mancados

G24.gal 01/10/2023 13:44

O Deportivo continúa deixando marchar puntos neste inicio de campionato. Tiña o partido gañado no 91 pero dous goles de Sergio Benito en tempo engadido deixan moi tocado ao cadro coruñés. E para colmo de males tiveron que marchar mancados Balenziaga e Pablo Martínez. 

O equipo de Idiákez entrou moi ben no partido con dous achegamentos claros de Lucas Pérez. Na terceira non errou Valcarce que rematou na área pequena un toque de cabeza de Villares. Aínda terían os coruñeses máis opcións antes do minuto vinte pero Davo amosouse moi desacertado. 

O Fuenlabrada tardou en decatarse de que ía o partido e só na parte final ameazou a porta de Parreño. Xusto antes do descanso tivo que deixar o partido Balenziaga e ao pouco de principiar era Pablo Martínez o que marchaba. 

A velocidade de Mella era a principal arma dun Deportivo que desperdiciou tres ocasións para poñer o segundo tanto e sentenciar. Entrabamos no engadido cando aconteceu o que ninguén agardaba. Primeiro, o empate de Sergio Benito. E logo, nun saque de esquina a prol chegou a contra que deu orixe ao 2-1. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade