Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan o centro comercial As Cancelas, en Santiago, por un incendio na azotea

Desaloxan o centro comercial As Cancelas, en Santiago, por un incendio na azotea

A orixe do lume foi unha máquina de aire acondicionado

Non houbo feridos

O centro comercial retomou a actividade dúas horas despois

G24.gal 10/02/2026 14:40 Última actualización 10/02/2026 17:08

Un incendio nunha máquina de aire acondicionado de Primark situada na azotea do centro comercial As Cancelas, en Santiago, obrigou a desaloxar as instalacións.

Sobre as 14,00 horas un particular alertou de que vía saír fume dun tellado nesta zona. Fontes do centro comercial resaltaron sobre as 16,00 horas que a actuación foi rápida e que xa estaba garantido o 100% da actividade.

Ao redor das 14,00 horas, seguridade do centro comercial tamén se puxo en contacto coa central de emerxencias para dar aviso dun incendio na zona da azotea e comunicar que ían proceder á evacuación das instalacións, aínda que non había persoas afectadas.

Ata o lugar desprazáronse dotacións dos Bombeiros de Santiago e efectivos da Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil. Tamén a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e o concelleiro Xan Duro acudiron ata o lugar para coñecer de primeira man e interesarse polo operativo e polo desaloxo do centro.

Fontes municipais sinalaron que todo se realizou "en orde". Os establecementos do centro comercial realizan simulacros de incendio e evacuación periodicamente, e a situación quedou normalizada sobre as 15,30 horas.

Pola hora na que ocorreu, o incidente coincidiu co cambio de quenda de numerosos traballadores e o centro comercial rexistraba actividade nos locais de restauración.

 "Houbo un estrondo, un ruído moi duro, como se caera unha prancha metálica. Activáronse as alarmas e pensamos que era un simulacro". "Empezamos ver como fume de arriba, pensamos que non ía ser nada pero finalmente tiveron que evacuar", contan algunhas testemuñas.

O desaloxo durou pouco máis dunha hora. Primeiro entraron os responsables das tendas e despois o resto dos traballadores e o público.

"Eu con moita ansiedade porque miña nai é traballadora do centro e non sabiamos a gravidade do incendio, se estaba ben", contan.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade