Derrota pola mínima do Pontevedra no Di Stéfano (1-0)
Un solitario gol de Palacios no 19 serviu para decidir o partido
O equipo de Rubén Domínguez acaba coa serie de vitorias seguidas
Perdeu o Pontevedra no Di Stéfano diante do Real Madrid Castela (1-0) e acabou coa serie vitoriosa do equipo de Rubén Domínguez que viña de gañar os dous últimos encontros. Un solitario gol de César Palacios ni minuto 19 do primeiro tempo decidiu o encontro.
Estivo serio o Pontevedra no aspecto defensivo pero en ataque faltoulle ameazar un pouco máis a portería madridista. Non foi un encontro con moitas ocasións. As mellores, durante a primeira media hora, caeron do lado branco que acabou meténdose atrás gardando a mínima vantaxe. O equipo galego botouse arriba na parte final do partido pero non conseguiu o desexado tanto do empate.