Derrota na estrea do Ourense C. F. na Segunda Federación
O Rayo Cantabria adiantouse grazas a un penalti inexistente
Borja Domingo acurtou diferenzas, pero os ourensáns non completaron a reacción
O Ourense C. F. perdeu por 1-2 diante do Rayo Cantabria na súa estrea na Segunda Federación. Haberá queixas ao final do partido porque os cántabros se adiantaron no marcador grazas a un penalti inexistente forzado e transformado por Dalisson.
A primeira parte foi de dominio visitante que no primeiro minuto da segunda metade aumentaba a vantaxe grazas a un gran disparo coa esquerda de Mario García.
Rubén Domínguez moveu o banco e un deses trocos, Borja Domingo, foi quen de anotar o gol que daba esperanza para o Ourense C. F. (minuto 64). Tivo ocasións pero faltoulle algo de sorte ao equipo galego para acadar, cando menos, un empate.